Presentación na Deputación de Pontevedra

26 Xaneiro 2022 | Novedades

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Fernando Alfonsín, representante da directiva da Academia Galega do Audiovisual, presentaron o Ciclo Mestre Mateo nunha rolda de prensa celebrada no Pazo Provincial o 26 de xaneiro. A presidenta celebrou “que grazas a este proxecto as cintas premiadas poidan chegar ao conxunto da cidadanía galega. Trátase de democratizar o acceso á cultura en xeral e á cultura galega de forma particular”. Pola súa banda, Fernando Alfonsín destacou a importancia de “abrir os Premios Mestre Mateo ao público e darlle vida levándoos por todo o territorio galego xusto neste ano no que se cumpre o seu vixésimo aniversario”.

No acto estuvieron acompañados por representantes dalgúns dos concellos que acollerán as proxeccións do ciclo: o alcalde de Poio, Luciano Sobral, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de cultura de Cambados, Constantino Cordal e Ana Doval, concelleira no Concello de Forcarei.