O Ciclo chega á provincia de Ourense co pase de ‘Valentina’

19 Xuño 2023 | Películas

19 de xuño de 2023 | A proxección de Valentina para alumnado de centros de primaria do Barco de Valdeorras o pasado 16 de xuño inaugurou a programación do Ciclo Mestre Mateo na provincia de Ourense. O filme, dirixido por Chelo Loureiro, foi finalista na categoría de Mellor longametraxe de animación nos XXI Premios Mestre Mateo e resultou galardoado na mesma categoría dos Premios Goya en 2022.

150 espectadoras e espectadores asistiron no Teatro Lauro Olmo ao pase da película, unha das longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas nos premios Mestre Mateo que compoñen a programación do Ciclo Mestre Mateo. Tamén serán proxectadas na Rúa (Centro Cultural Avenida), Celanova (Auditorio Municipal Ilduara), San Cristovo de Cea (Auditorio do Edificio Mutiusos) e Verín (Casa da Cultura).

 

Fotografías: CEIP Ramón Otero Pedaryo, O Barco de Valdeorras.