O filme ‘Valentina’ inaugura o Ciclo Mestre Mateo na provincia da Coruña

5 Setembro 2023 | Películas

5 de setembro de 2023 | O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu o pase da película de animación Valentina, o primeiro dos filmes do Ciclo Mestre Mateo en ser proxectado na Coruña. Betanzos, Boiro, Cedeira e Melide serán as outras localidades da provincia nas que se poderán visionar as oito películas e documentais finalistas nos XXI  premios Mestre Mateo. 

A académica Almudena Ferrer foi a persoa encargada de presentar a proxección deste filme finalista na categoría de Mellor longametraxe de animación nos XXI Mestre Mateo e galardoado co Goya á Mellor película de animación no ano 2022. 

O Ciclo Mestre Mateo celébrase grazas ao acordo entre a Área de Cultura da Deputación da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual e a súa programación poderá ser visionada en cinco localidades da provincia da Coruña ata finais de novembro.