O Proxecto

Ciclo Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense impulsan este programa de cinema dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.

Froito da colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración o Ciclo Mestre Mateo tamén está presente nas Comunidades Galegas do exterior.

Esta iniciativa é posible grazas a implicación de persoas apaixoadas pola cultura e o cinema que, coa súa xenerosidade, axudan a materializar o proxecto.

Ciclo Mestre Mateo

Os  obxectivos do Ciclo Mestre Mateo son:

ico3
Cidadanía

Facilitar o acceso da cidadanía ao cinema galego

ico2
proxeccións

Favorecer as proxeccións públicas como actividades colectivas que crean comunidade arredor do cine

ico1
Oferta cultural

Contribuir á diversificación das ofertas culturais de concellos e vilas, fomentando hábitos de consumo de programación audiovisual galega

ico3
Talento creativo

Poñer en valor o talento creativo de artistas e profesionais do sector audiovisual

Galicia

Salas de cine

Grazas ao apoio das institucións implicadas, as películas que conforman a programación chegan a unha rede de salas espalladas por Galicia, Europa e América Latina, facilitando ao público a oportunidade de gozar do noso cinema en pantalla grande.

Películas do ciclo

As e os profesionais do sector audiovisual que conforman a Academia elixen, cos seus votos, as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo que conforman a programación do ciclo.
Ciclo Mestre Mateo