A gañadora do Mestre Mateo á Mellor longametraxe proxéctase no mes de novembro

2 Novembro 2022 | Películas

Tres, o filme recoñecido como Mellor longametraxe nos #XXMestreMateo chega en novembro a  20 localidades galegas e 8 comunidades galegas do exterior a través das salas que albergan o Ciclo Mestre Mateo. Dirixida por Juanjo Giménez e producida por Frida Films, a película foi finalista en seis categorías na XX edición dos Premios Mestre Mateo. Ademais do premio á mellor longametraxe, tamén resultaron premiados os traballos de Marta Nieto, como Mellor intérprete feminina protagonista e o do equipo formado por Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts na categoría de Melllor son.

O Ciclo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.