Patricia Torres, deputada de cultura e proyectos audiovisuales e Saamira Ganay, secretaria da Xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, presentaron o Ciclo Mestre Mateo na Deputación de Ourense o día 26 de xaneiro. Unha presentación na que Patricia Torres salientou a aposta do goberno provincial por Ourense como plató de cine e o seu compromiso co sector.
Pola súa banda, Saamira Ganay lembrou que, neste 2022 a Academia celebra o seu vixésimo aniversario poñendo en marcha este ciclo, “o proxecto con máis impacto social de cantos temos realizado nos últimos anos”.