O Ciclo chega ás salas de Lugo coa proxección do Mellor documental nos XXI Mestre Mateo

29 Maio 2023 | Películas

29 de maio de 2023 | A Sociedade Cultural La Unión de Sarria foi a sala encargada de acoller a proxección inaugural do Ciclo Mestre Mateo na provincia de Lugo, co pase de María Casares, a muller que viviu mil vidas. O filme, dirixido por Xavier Villaverde, foi recoñecido como Mellor documental na pasada edición dos Premios Mestre Mateo.


O Ciclo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, grazas á cal, as longametraxes de animación, ficción e documentais finalistas nos premios do noso audiovisual viaxarán de aquí a final de ano, amáis de Sarria, á Pobra do Brollón, Chantada, Foz e Vilalba, que xa acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición, aos que este ano se suman os concellos de A Fonsagrada, Becerreá e Meira. 

Fotografías: José López Campo, Campu