16 de xuño de 2016 | O pasado 8 de xuño tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a proxección inaugural do Ciclo Mestre Mateo na provincia de Pontevedra, co pase do filme Código Emperador, un thriller de espionaxe ambientado nas esferas do poder, que foi rodado nas cidades de Bilbao, Madrid, A Coruña e Budapest.
A película, dirixida por Jorge Coira e producida por Vaca Films, tivo a súa estrea no Festival de Málaga e está protagonizada por Luis Tosar e Alexandra Masangkay, e foi finalista en 9 categorías dos XXI Premios Mestre Mateo, entre elas as de Mellor longametraxe e dirección.
Xunto co Centro Cultural guardés, as longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas nos premios Mestre Mateo tamén serán proxectadas na Estrada (Minicines Central), Baiona (Multiusos de Sabarís), Caldas de Reis (Auditorio Municipal) e O Grove (Auditorio Municipal).
Fotografías: Teresa Espejo