Fatum

Sinopse
Serxio ten graves problemas co xogo. Tras xurar á súa dona que non voltará a caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol e, incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar todo o diñeiro perdido. O soplo resulta ser certo e por fin a súa sorte mudará… pero Alexo cun pasado salpicado tamén polo xogo irrumpe armado no local. Pablo, francotirador do GEO, é presionado pola comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a cabeza do GEO está noutro sitio, no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun hilo. O destino fai que Serxio e Pablo se vexan envoltos nun atraco a unha casa de apostas, onde un disparo cambiará as súas vidas para sempre.
FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Juan Galiñares
  • idea original: Juan Galiñares
  • Guión: Juan Galiñares, Alberto Marini
  • Reparto:Luis Tosar, Álex García, Elena Anaya, Arón Piper, Luisa Mayol, Pepa Gracia, Ethan Álvarez, Valentina Quiza, Derek León, Xabier Deive, Paula Morado, Isabel Naveira, Ricardo de Barreiro, Miquel Insua, Xavier Estévez
  • Música orixinal: Manuel Riveiro
  • Dirección de fotografía: Alex de Pablo
  • Dirección de arte: Alexandra Fernández
  • Vestiario: María Porto
  • Maquillaxe: Anna Merino
  • Perruquería: Mara Collazo
  • Son: Carlos Mouriño, Diego Staub, Yasmina Praderas
  • Montaxe: Lu Rodríguez, Amae
  • Dirección de produción: María Liaño
  • Produción executiva: Emma Lustres
  • Producida por: Emma Lustres, Borja Pena
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor longametraxe
  • Mellor dirección
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor montaxe
  • Mellor vestiario

Proxeccións: