Hai algo moi especial en ser capaces de mandar un "cacharro" de aluminio -en palabras de Hal Levison- e poder lanzalo literalmente dun puntapé a 600 millóns de kilómetros de distancia. Él e Cathy Olkin estiveron toda a súa vida soñando con estudiar a fondo uns enigmáticos fósiles flotantes. Chegou o momento de facelo realidade. Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixoante misión espacial da NASA a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade e cun toque de humor, así como inspirar a novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar convertíndose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles. Durante tres anos acompañamos a un dos científicos planetarios máis recoñecidos a nivel mundial, e pai dunha controvertida teoría sobre a formación do sistema solar; unha muller afrodescendente que aos dez anos soubo que quería ser exeñeira e traballar para a NASA (e que o conseguiu!); un enxeñeiro con máis de dez misións espaciais ás súas costas e que está ahora a construir a nave espacial que levará á humanidade de volta á Lúa; e unha científica que adica o seu tempo tempo de lecer a adestrar adolescentes en robótica.