A proxección de “O corno” en Allariz inaugura o Ciclo Mestre Mateo en Ourense

24 Outubro 2024 | Películas

24 de outubro de 2024 | O pase de O corno, o filme máis premiado na pasada edición dos Mestre Mateo en Allariz, inaugura as proxeccións do Ciclo Mester Mateo na provincia de Ourense. A película de Jaione Camborda foi recoñecida con sete galardóns: Mellor dirección de arte (Melania Freire), Mellor maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Clavo e Silvia Neira); Mellor son (Sérgio Silva e David Machado); Mellor vestiario (Uxía Vaello) e Mellor longametraxe. A directora alzouse cos premios a Mellor dirección e Mellor guión.

A programación do ciclo levará a cinco localidades da provincia (Allariz, Celanova, San Cristovo de Cea, San Cibrao das Viñas e Ribadavia) as películas finalistas nas categorías de Mellor longametraxe de ficción e Mellor longametraxe documental dos Mestre, grazas ao apoio da Deputación de Ourense.