Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías.
Este documental fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. As persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral “A Nave das Marías” contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influiron nese momento das súas vidas, deixando testimonio de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas. “A Nave das Marías” foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.