Curtas Sesión 1
Sinopse
ANTES DE QUE SE POÑA O SOL
Nunha reunión familiar catro irmáns teñen que tomar unha decisión e non todos están de acordo. O COIDADO
Eduardo (70) é un home que comeza a ter problemas para coidar de si mesmo. Na súa casa, a que noutro tempo foi a casa familiar, vive só cun androide cuxa única función é mellorar a súa calidade de vida. A través do trato co robot, Eduardo atopa a relación de intimidade que non é quen de afianzar co seu fillo Anxo (30). TO BIRD OR NOT TO BIRD
To bird or not to bird, esa é a cuestión. Unha mirada crítica e caleidoscópica do mundo actual contada a través das traxicómicas e esperpénticas vivencias duns paxaros. O NENO SARDIÑA
Nun punto sen determinar do río Miño, ao parecer ao norte de Galicia, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás a aqueles que celebran o seu enterro co fin do entroido. Descoñécese que provoca a súa transformación, pero din que os ollos máis atentos poden captar de preto a humidade da súa pel. A súa existencia está confirmada polos máis escépticos da zona. Ninguén no lugar ten dúbidas. ULISES
Ulises, que sofre un acusado trastorno psicomotor, está ao coidado do seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo.

Proyeccións:
- Cine Alfonsetti - Betanzos
-
03 Outubro - 20:00 H
- Casa da Cultura Concello de Foz - Foz
-
24 Outubro - 20:00 H
- Sociedad Cultural La Unión - Sarria
-
27 Outubro
- Asociación Cultural M de Meira - Meira
-
10 Novembro
- Auditorio Municipal de Cedeira - Cedeira
-
15 Novembro
- Casa da Cultura Ribadavia - Ribadavia
-
16 Novembro - 17:30 H
- Salón de actos de A Fonsagrada - A Fonsagrada
-
23 Novembro - 20:00 H
- Auditorio Municipal de Vilalba - Vilalba
-
24 Novembro - 20:00 H