As proxeccións do Ciclo regresan en setembro

1 Xullo 2022 | Películas

Máis de tres mil persoas asistiron as proxeccións dos documentais O gran camiño, A virxe roxa, A poeta analfabeta e Welcome to ma maison nas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo que celebramos nas catro provincias galegas e nas comunidades galegas do exterior.

A programación regresa en setembro con novas proxeccións dalgunhas das longametraxes máis destacadas do audiovisual galego recente, grazas ao apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Emigración. Agardamos vervos a todas e todos nas salas á volta das vacacións.